“O ÚNICO
PACTO EXISTENTE NA CORPORACIÓN PARA TUMBAR PROPOSTAS DE CARÁCTER SOCIAL É ENTRE
O PSOE E O PP”
Ø
O
concelleiro de Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida, Carlos
Portomeñe, quixo lembrarlle a Miguel Fernández, voceiro do goberno local, que “foi
o PSOE o que se aliou co PP para o reparto de cargos de confianza,
remuneracións e dedicacións exclusivas, relegando á precariedade laboral a tres
dos grupos municipais; para impedir a participación dos colectivos sociais nos
plenos ou para rexeitar a nosa proposta de progresividade fiscal, a única que
cun coste económico cero permite aumentar os recursos do Concello para garantir
os orzamentos e o gasto social”.
Ø
“O PSOE
confunde coacción coa maioría democrática das votacións do pleno. Son eles os
que gobernando en minoría intentan impoñer un modelo privatizado propio da
dereita na xestión dos servizos locais, nós limitámonos a defender con
coherencia as nosas premisas programáticas a prol dos servizos públicos e gratuítos”,
remarcou Portomeñe.
Ø
ACE-EU non
entende que o PSOE teime en vender unha postura de diálogo e transparencia
cando xa se puido comprobar que a alcaldesa mentiu abertamente no pleno ao
asegurar que remitira a tódolos grupos municipais un borrador da O.R.A. que
nunca chegou e polo que aínda están a agardar, así como que consultara o tema
con todos na Xunta de Voceiros. “Solicitamos non só que nos envíen canto antes
o cacareado borrador, senón tamén o informe técnico ao que insisten en
referirse dende o goberno e do que ninguén ten coñecemento, que supostamente
certifica a inviabilidade da remunicipalización do control dos aparcadoiros”,
exise o voceiro de ACE-EU.
Lugo, 30 de setembro de 2015. – O concelleiro de Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda
Unida, Carlos Portomeñe, en
resposta ás acusacións contra os grupos de oposición de seguidismo co PP
verquidas polo voceiro do goberno local, Miguel
Fernández, asegura que “a realidade evidencia que o único pacto existente
na corporación para tumbar propostas de carácter social é entre o PSOE e o
PP”. O voceiro de ACE-EU
lembra que “foi o PSOE o que se aliou co PP para o reparto de cargos de
confianza, remuneracións e dedicacións exclusivas, relegando á precariedade
laboral a tres dos grupos municipais; para impedir a participación dos
colectivos sociais nos plenos ou para rexeitar a nosa proposta de
progresividade fiscal, a única que cun coste económico cero permite aumentar os
recursos do Concello para garantir os orzamentos e o gasto social”.
“O PSOE confunde coacción coa maioría democrática das
votacións do pleno. Son eles os que gobernando en minoría intentan impoñer un
modelo privatizado propio da dereita na xestión dos servizos locais, nós
limitámonos a defender con coherencia as nosas premisas programáticas a prol
dos servizos públicos e gratuítos”, remarcou Portomeñe. “As declaracións de onte de Miguel Fernández recordan ao chiste do tolo da autopista, que acusa
a tódolos demáis conductores de ir en dirección contraria cando é el mesmo o
que está a conducir polo carril equivocado”.
ACE-EU non entende que o PSOE teime en
vender unha postura de diálogo e transparencia cando xa se puido comprobar que
a alcaldesa mentiu abertamente no pleno ao asegurar que remitira a tódolos
grupos municipais un borrador da O.R.A. que nunca chegou e polo que aínda están
a agardar, así como que consultara o tema con todos na Xunta de Voceiros.
“Solicitamos non só que nos envíen canto antes o cacareado borrador, senón
tamén o informe técnico ao que insisten en referirse dende o goberno e do que
ninguén ten coñecemento, que supostamente certifica a inviabilidade da
remunicipalización do control dos aparcadoiros”, exise Portomeñe. “A constante referencia ao diálogo debe de ser outro dos
chistes de humor negro do PSOE, que non admitiu propostas da oposición nin
sequera nalgo tan inocuo como a programación cultural das Festas do San
Froilán, aínda que si admite as propostas do fillo da concelleira de Cultura,
Carmen Basadre”.
ACE-EU considera
dun cinismo absoluto que o PSOE tilde de irresponsables e de dubidosa
legalidade as mocións dos demáis grupos cando se atreve a levar ao pleno unha
moción para o mantemento con cartos públicos dunha institución como a Cámara de
Comercio, cuio funcionamento e xestión é claramente cuestionable non só dende o
punto de vista legal, senón do puramente ético. “O goberno local ten unha
curiosa forma de priorizar as persoas, a través da protección constante dos
intereses das empresas privadas: queren manter o modelo privatizado de xestión dos
servizos municipais, só consultan con determinadas asociacións patronais e
comerciais o novo sistema da O.R.A., proclámanse en defensores dun organismo
tan saqueado como saqueador como é a Cámara de Comercio de Lugo… sen esquecer
que foi o PSOE quen deu o pistoletazo de saída aos recortes e ás reformas
laborais no Estado e quen modificou o artigo 135 da Constitución para priorizar
o pago da deuda sobre o gasto social. É urxente que se paren a reflexionar
dunha vez sobre quen está a gobernar facendo seguidismo das políticas
neoliberais do PP”, repasou o concelleiro Portomeñe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario