jueves, 4 de julio de 2013

POLA REMUNICIPALIZACIÓN DOS SERVIZOS

ESQUERDA UNIDA LUGO EXISE A REMUNICIPALIZACIÓN DOS SERVIZOS PRIVATIZADOS NO CONCELLO DE LUGO.

Moitos deles atópanse intervidos xudicialmente, investigados ou co contrato da concesión caducado.

A devolución do carácter público ós servizos privatizados permitiría un aforro de preto de 34 millóns de euros para as arcas municipais.

O Coordinador Comarcal de Esquerda Unida Moncho Vázquez e o responsable de Políticas Locais Carlos Portomeñe, compareceron hoxe en rolda de presa para instar ao Goberno municipal a proceder coa inmediata remunipalización dos servizos que as diferentes forzas políticas, ó fronte do Concello, levan privatizado ao longo do tempo.
Moncho Vázquez insistiu en que “a maior parte dos servizos públicos xa están privatizados a través de mais de 40 concesións que abarcan a prestación de servizos no eido educativo, socio-cultural, limpeza, transporte, vixianza etc, unha labor privatizadora que pretende verse culminada coa privatización do servizo mais básico e elemental como é a auga, no que o goberno de López Orozco ten pensado constituír unha empresa mixta”.
O Coordinador comarcal de EU-Lugo engadiu que “a nova Lei de Bases de Réxime Local que vai aprobar o Partido Popular, pretende blindar as privatización dos servizos e impedir a súa remunicipalización, polo que cómpre devolver o seu carácter público ós servizos privatizados para non ter que lamentar despois impedimentos legais”. Un Partido Popular que en verbas do representante de Esquerda Unida “critica de xeito demagóxico a externalización de servizos no Concello mentres o Goberno Popular da Xunta, privatiza a sanidade e o ensino e leva adiante unha política de recortes nos servizos públicos sen precedentes”
Pola súa banda o responsable de Política Local de EU, Carlos Portomeñe declarou que“a privatización de servizos públicos está detrás da maior parte dos casos de corrupción que afectan ao concello de Lugo, no que as concesións dos servizos públicos forman parte das tramas de clientelismo, trafico de influencias, suborno e enriquecemento ilícito nas que están imputados Liñares e Orozco entre outros”.
Portomeñe aclarou que “o cadro de persoal de 700 traballadores do Concello está perfectamente cualificado para desempeñar con eficacia e eficiencia a prestación de servizos públicos mentres que os traballadores necesarios dos servizos remunicipalizados, poden converterse en persoal laboral”
Portomeñe afirmou que “a remuncipalización dos servizos privatizados permitiría un aforro de 34 millóns de euros anuais para as arcas do Concello e garatiría un funcionamento mais transparente dos servizos municipais” e ofreceu un desglose dos principais servizos en función do seu custe e aforro.
  • SERVIZO DA ORA
-Actualmente sen contrato por sentenza do TSXG que anula a licencia.
-Custes de persoal: 200.000 euros.
-Recadación das máquinas 900.000 euros anuais e 100.000 mais polos expedientes sancionadores.
-Aforro estimado de 800.000 anuais coa súa remunicipalización.
  • SERVIZO DA GRÚA:
-Intervida Xudicialmente.
- O concello aporta mais de 500.000 euros anuais polo déficit do servizo.
  • AUTOBUSES URBANOS:
-A concesión expirou en Maio.
-Ten 3 millón de euros anuais de déficit e a súa remunicipalización permitiría aforrar uns 2 millóns de euros.
  • SERVIZOS SOCIAIS:
-O diferentes servizos sociais privatizados custan 6 millóns de euros.
  • AUGA:
-O 75% do ciclo da auga foi renovado coa inversión de centos de millóns de diñeiro público.
-As actuacións que presuntamente rematarán en Agosto de 2015 suporán unha nova inversión pública de 15,5 millóns de euros.
-Recadación anual: 12 millóns de euros.
-Contrato da EDAR xa caducado.
-O aforro calculado coa súa remunicipalización chegaría aos 2,5 millóns de euros.


PRINCIPAIS SERVIZOS MUNICIPAIS PRIVATIZADOS NO CONCELLO DE LUGO
SERVIZO
EMPRESA
CUSTE/ANO
Grúa
Cechalva
500.000
Ora
Doal-Vendex
800.000*
Autobuses Urbáns
Mombus
3.000.000**
Recadación Municipal
Tribugest
1.400.000
Servizo de Limpeza e recollida de Lixo
Urbaser
7.000.000
Control de Pombas
Locus Avis
11.600
Vixianza Parque A Milagrosa
Serrama Vixianza
162.000
Gardería Serra de Outes
A Billarda
56.500
Xestión Casa das Línguas
A Billarda
84.000
Ociotecas
A Billarda
134.000
Actividades deportivas
A Billarda
637.000
Actividades Extraescolares
A Billarda
214.000
Web do Concello
O Pexego
23.000
Animación Centros Sociais
Alenti
250.000
Mantemento Alumeado Público
Esycsa-Extralux
1.400.000
Comida no Fogar
Coeszcodeza
89.500
Axuda no Fogar
Alalás
2.113.000
Garderías San Fiz e Piringalla
Fesan
521.800
Teléfono 010
Balidea Consulting
82.000
Parque Microtemático
Coremain
60.000
Animación Xuvenil
Eulen
89.800
Publicacións Concello
Galaxia
4.000
Centro de Día
Arroupar
78.000
Centro de día
Alalás
187.000
Limpeza Dependencias Concello
Lazera
1.600.000
Centro de Día Antonio Gandoy
Alalás
392.000
* Ingresos estimados pola empresa
** Deficit anual

No hay comentarios:

Publicar un comentario